ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“A historia contemporánea vaise recordar polo impacto do cambio climático e pola necesidade de ir cara un modelo de desenvolvemento diferente”, asegura o concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz, Carlos García.
O Concello de Foz ven de presentar o Informe Horizonte 2030 despois do cal se están a poñer en marcha diferentes accións que camiñan cara un desenvolvemento sostible no municipio. “Dende a administración local tiñamos moi claro que Foz tiña que dar un paso cara o desenvolvemento sostible. Temos un problema serio no que xa moitos expertos nos falan de que as nosas condicións de vida humana están cambiando e debemos reorientar as nosas costumes e as nosas formas de vida co noso planeta”, explica Carlos García. A aposta por unha Axenda 2030 con obxectivos globais adaptados ás problemáticas locais xa se está a apreciar, por exemplo, en cuestións de mobilidade co obxectivo de reducir a circulación dos coches e amansar o tráfico. “Xa temos dúas actuacións como a Rúa Costa do Castro e o novo proxecto que vai pola Avenida dos Irmandiños na que se vai dar preferencia ás bicicletas, con beirarrúas e zonas que promovan a circulación a pé. Tamén é importante meter máis vexetación a nivel urbano para que cara ao futuro cando haxa semanas de calor intentar reducir as illas de calor que se xeneran nos municipios”, desvela o edil de Foz.
Na imaxe, Carlos García (Concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz)
Publica o teu comentario agora