ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As obras de construción da nova Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Allariz avanzan de xeito positivo, segundo asegurou o alcalde da vila, Francisco García. Esta intervención suporá un salto cualitativo importante no servicio de abastecemento de auga garantindo a cobertura a toda a poboación, que na actualidade está a experimentar un crecemento considerab
Cun orzamento de 3.500.000€ financiados pola Xunta de Galicia mais o Concello de Allariz, que aporta un 10% deste importe, estase a levar a cabo a construción deste novo depósito. Situado en Roimelo, conta cunha capacidade de 2000 m3 fronte aos 800 m3 actuais, suporá unha mellora importante no abastecemento da rede xeral para toda a vila alaricana e os seus núcleos de poboación, xa que permitirá unha maior capacidade de bombeo do río Arnoia co que se garante a posibilidade de subministro a todo o municipio, que ano tras ano vai crecendo de xeito considerable.
A instalación da nova ETAP tamén vai permitir a mellora da rede na nova circunvalación aproveitando as obras de apertura do vial da Rúa Emilia Pardo Bazán.
A conclusión desta obra está prevista no transcurso do ano 2009 aínda que, o avance das obras fixo posible que algunha das instalacións poda ser utilizada este verán.