ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Acabaronse os rodeos. A avenida das Pias que comunica Ferrol e Fene ábrese ao tráfico mañá ás nove e media da mañá. O delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, inaugura mañá, ás 09.30 horas, en ferrol, o último tramo das obras de humanización da avenida das pías (FE-14), unha actuación executada polo Ministerio de Transportes que contou cun investimento de 11,5 millóns de euros. No acto de apertura, que terá lugar a carón da nova glorieta da avenida, participará tamén a subdelegada do goberno na coruña, María Rivas.

Esta intervención constitúe un reto sen precedentes e un exemplo de integración urbana, ao tratarse da primeira obra de humanización que impulsa o Ministerio de Transportes en toda España, segundo indica o executivo nun comunicado. Supón, ademais, un antes e un despois para Ferrol, transformando unha antiga infraestrutura viaria nun espazo con prioridade para os modos de desprazamento sostibles, seguros e conectados.
“A actuación reafirma o compromiso do goberno coa cidade e representa un novo exemplo de que este goberno aposta como nunca polas infraestruturas galegas ao servizo da cidadanía”, sinalou o delegado. A humanización foise poñendo en servizo de forma secuencial, con obxecto de brindar un maior servizo aos cidadáns a medida que se finalizaban os distintos tramos da actuación, minimizando así as afeccións ao tráfico e facilitando unha adquisición progresiva da funcionalidade urbana.
Na imaxe, celebración do ascenso do Racing de Ferrol á Segunda División do fútbol.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora