Avifauna enxalza as características únicas das aves nun recinto remodelado

Avifauna enxalza as características únicas das aves nun recinto remodelado

08 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

644 chíos diferentes saúdan cada novo día dende o lugar de Bravos, no municipio lucense de Outeiro de Rei. Son os que emiten os bicos dos inquilinos de Avifauna, o parque consagrado ás aves que vén de reabrir as súas portas antes das vacacións de Semana Santa. Fíxoo tras rematar unha importante obra de reforma e ampliación das instalacións para adaptar o que naceu en 1983 como refuxio da colección particular duns afeccionados &aacu

En Avifauna habitan 250 especies diferentes que representan á fauna dos cinco continentes. Todos os exemplares naceron en catividade e chegaron a Lugo dende países da Unión Europea. Os responsables do parque salientan a variedade de animais antes que a súa cantidade, e entre os seus predilectos salientan á pita de monte -tamén coñecida como urogalo-, unha especie en extinción, desaparecida da paisaxe galega.

O recinto de Outeiro de Rei é mais cousas que unha exposición de aves aberta ao público. Funciona tamén como centro de interpretación e formación, aula de natureza e educación ambiental, e colabora en tarefas de conservación e de investigación científica coa Universidade de Santiago. Avifauna abre de martes a domingo, de 11 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas.

Sociedade