A AVV de Magalofes entrega os premios do II Certame de Fotografía Festa do Cabalo

A AVV de Magalofes entrega os premios do II Certame de Fotografía Festa do Cabalo

12 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Parece unha fotocomposición, sen selo. O instante captado polo fotógrafo máis parece algo irreal que un momento da propia realidade”. Deste xeito cualifica o xurado a obra gañadora do segundo concurso de fotografía organizado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión ao redor da Festa do Cabalo 2009. Os membros do xurado, Jose Luis Pena, Manuel Pico e Henrique Sanfiz, procederon este mediodía á lectura da acta e &aacu

Unha fotografía de Javier Vilar foi a gañadora desta segunda edición do concurso fotográfico. O segundo premio recaeu nunha instantánea de Manuel Porto, nun retrato no que "o protagonista absoluto é o cabalo, mesmo podendo prescindir do fondo da imaxe, que resulta irrelevante. Está posando e mira de esguello ao fotógrafo". En canto ao terceiro premio, segundo o xurado, "sorprende a elección do branco e negro" realizada polo autor, Xan Xe Corral. A fotografía "reflexa á perfección o diálogo que se establece entre o home e o cabalo".

Tal e como se recolle na acta, o xurado deste II certame fotográfico Festa do Cabalo salientou “a calidade e profesionalidade da inmensa maioría das fotografías presentadas ao concurso”.

Sociedade