Axente presidencial

Axente presidencial
23 de Decembro, 2020 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

En "Agente presidencial" , do escritor americano Upton Sinclair,  o marchante de arte Lanny Buud lévanos aos albores da segunda Guerra Mundial. Quinta entrega dun ciclo de novelas moi apegadas á realidade da primeira metade do século pasado.

ESCOITA O PODCAST:

“Agente presidencial” de Upton Sinclair(Baltimore, Maryland; 20- 09- 1878-Bound Brook, Nueva Jersey; 25-11-968) é “unha novela histórica, un todo inequívoco de ficción-realidade” Así a define o profesor da Universidade de Chicago, Noel Blanco como proposta desta semana. A pequena editorial independente (Xixón) Hoja de lata está construíndo un catálogo magnífico de autores como Sinclair do que Balnco dí que é “un personaxe que fixo case de todo, xornalismo, activismo e militancia política no socialismo. Chegou a ser candidato, fallido,  á presidencia dos EEUU”. Hoxe non é tan nomeado pero acadou moita sona no seu tempo, sobretodo cando escribiu “La jungla” sobre a industria cárnica nos EEUU, ata o punto que a Casa Blanca tivo que sacrar novas leis ao respecto. Así se fixo famoso, con novelas moi pegadas á realidade.

“Agente presidencial” inclúese dentro dun ciclo de cinco novelas que, sendo independentes, teñen un personaxe común, Lanny Budd, un dandi que nunca estivo en Norteamérica, fillo dun rico vendedor de armas, que vive na Riviera francesa con grandes contactos entre a nobreza e alta burguesía europea e a alta sociedade americana. “A través deste personaxe e as súas aventuras, Upton Sinclair, vai documentando os movementos ideolóxicos e históricos da primeira metade do século XX, desde a primeira á segunda guerra mundial” afirma Blanco. “Agente presidencial” está ambientada xusto no momento anterior á segunda guerra. Lanny Budd actúa aquí como comerciante de Arte europea, pero na realidade é un axente de Roosevelt para inspeccionar o ascenso de Hitler. Conclúe Noel Blanco que “esta novela é unha mostra da capacidade da literatura para documentar a realidade e tomar partido ideolóxico”.

Cultura

Publica o teu comentario agora