ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Os mellores presupostos, máis de 16 millóns de euros nuns orzamentos axustados ás necesidades actuais do Concello”. Valoración da voceira de Esquerda Unida e concelleira de Medio Ambiente de Fene, Mari Carmen Martínez no espazo As Foxas.
“Son do mellor que houbo ata o momento e están adaptados ao que precisamos neste momento”, subliñou a representante de Esquerda Unida no Concello de Fene na valoración dos Orzamentos para 2025 que fixo en Radio Fene. Das partidas destinadas a Medio Ambiente, a concellería que dirixe, destacou como novidade a partida para as colonias felinas, ademais do investimento para limpeza de praias, do río e as podas, e os case 60.000 euros de gasto anual para o refuxio de Mougá.
Paseo de San Valentín
A concelleira de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez, alertou, tamén, sobre o estado do paseo de San Valentín debido a distintas accións vandálicas. Denunciou que primeiro quitaron táboas dos bancos e ultimamente tamén serraron a varanda e deixaron os taboleiros alí tirados. Un acto vandálico intencionado porque se aprecia que o autor empregou maquinaria para cortar a madeira. A concelleira xa se puxo en contacto coa Demarcación de Costas e advertiu de que estas accións vandálicas supoñen un risco para a seguridade das persoas.
Publica o teu comentario agora