ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, cualificou de “fracaso absoluto” as políticas de austeridade do presidente da Xunta. Afirmou que “non funcionan” e aludiu ao índice de desemprego en Galicia (266.000 galegos e galegas en paro), ao proceso de desmantelamento da sanidade e o ensino, o empeoramento do sistema financeiro galego e a eliminación de servizos sociais. Aymerich tamén criticou que Núñez Feijóo non c
Atraso do complemento autonómico
Para o portavoz parlamentario, os continuos recortes do Goberno galego producen máis desemprego, desaparición de empresas e menos capacidade produtiva e criticou que agora haxa que sumar a todo isto o atraso no pago do complemento autonómico para as persoas que non perciben unha pensión contributiva, “o PP pretende con esta medida cumprir o déficit deixando para o 2012 o que estaba obrigado a pagar en decembro do 2011”, dixo.
No balance do período de sesión, Aymerich tamén se referiu a situación do IGAPE da que dixo permaneceu pechado 6 meses, “agás para conceder axudas aos seus familiares” e denunciou que gran parte dos servizos sociais rendibles están a ser privatizados a pesar das queixas de alcaldes do Partido popular.
Por outra parte, preguntou que vai facer Núñez Feijóo cos 805 millóns que o Estado adebeda a Galiza, coa política pesqueira comunitaria, a reforma do sistema financeiro galego e os produtos financeiros que agora os afectados non poden rescatar “nos defenderá o Presidente da Xunta ou permanecera calado como ata agora”, concluíu.
Falta de consideración á Cámara galega
Pola súa parte, a viceportavoz do grupo parlamentar, Ana Pontón, insistiu na “devaluación das institucións democráticas” que está a practicar o Partido popular fuxindo para non dar explicacións da súa xestión.
Pontón afirmou que en tres anos, o PP non propiciou a reforma da Cámara galega para axilizar os debates, as peticións de comparecencias e comisións de investigación e mantivo o “rolo parlamentario” para non aceptar ningunha das emendas do BNG aos orzamentos.
Finalmente, a nacionalista ao igual que fixera o portavoz do grupo, denunciou “o freo” do Partido popular para crear un plan de emprego xuvenil, investigar o acontecido coa caixa galega, a comisión demográfica e o cumprimento dos acordos e resolucións parlamentarias.