Bós dias As Pontes, aquí Radio Eume

Bós dias As Pontes, aquí Radio Eume

30 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

As esquelas, as notas necrolóxicas configuran un dos espazos máis seguidos na programación diaria de Radio Eume. A cidadanía das Pontes tamén segue con atención o informativo local e o magazine.

Tivemos o pracer de entrevistar ao director de Radio Eume, Xosé Montero Cendán, que nos falou da radio e do seu funcionamento ata o día de hoxe. Radio Eume nace no ano 1989. Cun cadro de persoal  moi reducido de 3 persoas comeza a súa emisión un 11 de Novembro do mesmo ano. A radio cambiou moito dende entón a hoxe en día.

Dende aquela, as cousas cambiaron moito en As Pontes. A mina xa non existe, e Endesa xa non é o que era. A crise golpeou tamén na zona e deixou en paro a moita da súa poboación. É unha localidade moi viva en canto a iniciativas culturais, musicais e deportivas. Pero a zona encontrase en decrecemento, En canto á propia radio e a súa programación, Cendán fálanos da programación que se segue hoxe en día na súa emisora.

Radio Eume, testemuña e notario da vida cultural, deportiva e social das Pontes. Xunto coa televisión local, contribúen a dotar de identidade a unha vila cun nome que se remonta ao século catorce. O rei Henrique Segundo de Castela en mil trescentos setenta e seis concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro Garcia Rodríguez de Valcárcel por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera.

Bos dias As Pontes. Aquí Radio Eume.

Sociedade