ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Mozos e mozas con vocación artística están chamados a participar no certame o Talentiño que nesta cuarta edición amplía a convocatoria toda a provincia da Coruña, como anunciou en Radio Fene unha das promotoras do certame, a cantante Lucía Pérez.

O Talentiño é un certame que busca aos mellores artista novos da provincia da Coruña. Dirixido a mozos e mozas de entre 8 e 18 anos, organízase en cinco categorías: vocalistas, instrumentistas, danza lírica, danza urbana e variedades, na que se inclúen disciplinas como maxia, monólogos ou artes escénicas. O ámbito é provincial pero a gala final mantén a súa sede. Será o 12 de abril no Teatro Jofre, en Ferrol. Desde mañá sábado e durante un mes, ata o 28 de marzo poden facerse as inscricións achegando un vídeo demostrativo.
Publica o teu comentario agora