ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Maniños busca un revulsivo para a recta final de liga coa estrea dunha nova cara no ataque. Pedro España debutou esta fin de semana coa camiseta fenesa nun partido complicado ante o Paiosaco. O adestrador, Adrián Martínez, confía en que a súa chegada dea un plus de enerxía ao vestiario, asegurando que as súas accións "poden reforzar a faceta ofensiva" do conxunto.

No estritamente deportivo, o Maniños saíu escaldado da Porta Santa tras caer por tres goles a cero. O encontro púxose costa arriba moi cedo cun tanto local no minuto catro, un golpe que condicionou o resto do choque. Malia que os de Fene recuperaron o control e mostraron solidez por momentos, a falta de pegada foi determinante. Martínez foi claro ao remate: fáltalles contundencia nas áreas.
Imaxe de Pedro España. Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora