Bacalhau vs. xabarín

Bacalhau vs. xabarín
13 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non pode comprender que prefiran o bacalhau ao xabarín. Non lle entra na cabeza a Obélix o máis grande comedor de xabarín, que os lusitanos devezan polo bacalhau. Astérix en Lusitania, é o libro máis recente publicado dunha lonxeva e famosa colección que naceu en 1955. Presentouno en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica. 

 

ESCOITA O PODCAST:

O álbum “Asterix en Lusitania” é a segunda historia escrita por Fabcaro e a sétima debuxada por Didier Conrad seguindo con moita fidelidade a obra dos creadores destes dous heroes galos aos que, nesta ocasión, piden axuda desde Lusitania. Acoden desde a Galicia ante a ameaza que supón a chegada ao actual Portugal das lexións romanas de Xulio César.

Como a vida mesma

Outro interesante libro de banda deseñada, “La colina de Watership”, é a adaptación dunha novela de Richard Adams, un clásico da literatura británica dos anos 70. Protagonizado por un grupo de coellos que teñen que deixar a súa madrigueira ameazada por un perigo inminente. Na busca dun lugar máis seguro para vivir atoparán depredadoras, trampas de humanos e colonias de coellos que se rexen por outro tipo de normas. “Unha fábula que fala de poder, medo, liderado, liberdade e tiranías”, explicou Juanma sobe este interesante libro.

Cultura

Publica o teu comentario agora