ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Festa da Orella comezou a celebrarse na pista polideportiva de Limodre (Fene) hai vintesete anos na tarde noite dos venres. Agora preparase para este domingo a mediodía no Parque da Hortiña. A venda dos tiques comezará a unha e media do mediodía. O reparto das racións ás dúas da tarde. As catro e media haberá unha exhibición de baile do clube de baile deportivo Tedaga de Narón. Logo cantos de taberna con “Son D Cantos” e as sete da tarde actuación dos Zares.
Serviranse trescentas racións de orella, duascentas corenta de tripas e trescentos corenta bocatas de liscos. O prato de orella custará doce euros, as tripas oito e o bocadillo de liscos a cinco euros. Hai xente que non lle gusta a orella, e a vai comer a Limodre, afirmaba Rosa Filgueiras, unha das encargadas desde o comezo da festa da cocción da orella de porco.
Baile deportivo
Tango, vals vienés, pasodobres e sambas. Exhibición de baile ao cargo do club de baile deportivo de Narón Tedaga. Participarán parellas de baile de alta competición, segundo explicou a organizadora Mónica Seijo. Tamén bailarán nenas single e un grupo de dez bailaríns que quedou finalista no campionato do mundo en Cambrils. Haberá un merengue para que toda a xente se anime a bailar. Amosarán as súas destrezas, Sergio e Paula, subcampions galegos en bailes latinos, naturais e veciños de Limodre.
Na imaxe o Felicia Pop, celebrado o pasado fin de semana no Parque da Hortiña de Limodre
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora