ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa representación da obra “As Troianas” a cargo da Escola Municipal de Teatro de Culleredo o programa dos Encontros Culturais de Primavera Letras Galegas 2010 organizado pola Concellería de Cultura. En total foron doce representacións do mellor teatro galego e afeizoado ás que se sumou a III Primavera Máxica dedicada aos máis pequenos. “As Troianas” porase en escea este venres, 11 de xuño, ás oito e media do serán
Preto de 2000 persoas asistiron a esta ducia de representacións teatrais, tendo que colgar o cartel de “ non hai entradas “en máis dunha ocasión o que reflicte o interese da veciñanza polo fenómeno teatral e a confianza depositada polos afeccionados ao teatro pola programación desenvolvida en Culleredo.
A concellería de Cultura de Culleredo reflicte sempre nas súas programacións a súa paixón polo teatro, dedicado neste semestre a Adolfo Marsillach e que se sitúa a altura das mellores programacións teatrais de Galicia, xa que polo escenario do Edificio de Servizos Múltiples pasaron dende Teatro do Atlántico, espello Cóncavo, as actuacións estelares dos grandes do humor como Carlos Blanco e Rober Bodegas e a estrea para Galicia de “Sempre quixen bailar un tango” de Teatro Galileo.
“As Troainas” trátase dun canto cheo de dramatismo polas consecuencias da guerra. Menelao, Héctor, Neoptólemo, Andrómaca, Hécuba...son personaxes que cobran actualidade no texto de Eurípides, pois na guerra os vencedores, moitas veces non o son tanto e Eurípides o dramaturgo filósofo, refuta a concepción dos deuses da súa época e leva a súa reflexión até os nosos días. A función está dirixida por Santiago Fernández , axudado na dirección por Paco Alvarellos e José León, a iluminación de Carlos Regalado e a producción de Carfax Teatro. O espectáculo é para adultos con entrada de balde.