Baixamos a doce casos de Covid

Baixamos a doce casos de Covid
12 de Marzo, 2021 - 11:02 h. | Publicada por Radio Fene

Fene rexistra, con data do dia 9 de marzo, 12 casos de contaxio por Covid19. Falamos no espazo As Foxas coa portavoz do grupo municipal do BNG, Sandra Permui tamén da creación de emprego e do Orzamento de 2021.

ESCOITA O PODCAST:

Fene respondeu á folga comarcal o pasado 10 de marzo. A portavoz municipal do BNG, Sandra Permui, amosou a súa satisfacción polo seguimento feito no concello onde case o 100% das empresas pecharon, agás as grandes superficies industriais sempre máis reticentes ao paro. Afirma Permui que “a folga era moi necesaria porque a comarca está agonizando”. Con data do 9 de marzo, Fene rexistra 12 casos de Covid19 o que demostra que está baixando a incidencia da pandemia dun xeito importante, o que demostra, afirma Permui, que a xente responde e as medidas adoptadas está a ser efectivas.

No espazo As Foxas, Sandra Permui informou da inminente ocupación das prazas de arquitecto técnico e da administración xeral, poñendo un prazo aproximado de dous meses ata que remate o proceso. De momento estanse elaborando as listas definitivas de aspirantes pero nas provisionais hai 13 aspirantes para a primeira e 29 para a segunda praza. “O goberno local propuxémonos crear oferta de emprego público que estaba totalmente paralizada” explica a concelleira responsable de Persoal.

A edil asegurou que quedou totalmente aclarado o caso da súa compañeira de goberno, Anxeles Coira, despois da comparecencia no último pleno. Afirmou Sandra Permui que realmente non deberá ter que comparecer porque se trata dun asunto da súa vida persoal e non política e, enga-diu que “Falar de ética o PP parece un mal chiste. Eles son un partido corrupto”. Por último anunciou que está moi avanzado o Orzamento municipal de 2021 que terá o borrador definitivo rematado estes días e que probablemente se poda levar a pleno extraordinario neste mes.

Institucional

Publica o teu comentario agora