ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Bala perdida” é a adaptación cinematográfica realizada pola produtora galega Deboura (Deseños Animados), da novela para mozos Bala Perdida, do escritor Manuel Rivas. Dirixida por Roque Cameselle, ten previsto finalizar a súa rodaxe en setembro deste ano 2009. Trátase dun longametraxe de debuxos animados en 2D- sistema tradicional de animación consistente no debuxo fotograma a fotograma- que terá una duración aproximada de 75
Mediante o uso combinado dun estilo visual que lembra aos “realismos educativos” do tempo da Guerra Fría e dun deseño de personaxes próximo ás correntes da ilustración actual; pretende conectar cos gustos estéticos e as preocupacións vitais dos espectadores de agora e ao mesmo tempo servir de adecuado soporte audiovisual á actualización do mito pirata (tanto en aparencia coma en ideoloxía) que Rivas acomete con grande acerto na súa novela.
O seu argumento é o seguinte:
Rosa Ribeiro O’Flaherty dirixe, dende o falecemento do seu pai, o pequeno periódico familiar. O Celtic News, que así se chama, non é un xornal calquera. Editado nunha vila da Costa da Morte chamada Atlán que intenta ser independente de calquera poder hexemónico e voceiro dos que nunca lles dan a palabra. Tal vez por iso ódiao tanto o cacique da zona e as súas páxinas van cubertas das pequenas, pero importantes para a xente común, noticias que non caben nos medios de comunicación “importantes”. Certo día, Rosa recibe unha estraña visita; son membros da tripulación do barco pirata Bala Perdida, unha lenda para toda a Costa da Morte.