ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O I Festival Intercéltico de Fene péchase cun balance "súper positivo" malia o mal tempo e cunha gran resposta veciñal nas parroquias de Fene. A pesar de que a choiva obrigou a aprazar o desfile de bandas do sábado ao domingo pola mañá, a organización amósase "tremendamente satisfeita" co resultado desta histórica primeira edición.

Así o confirmaron Gisela e Icía Sanmartín, da directiva de Airiños de Fene, nunha primeira valoración coas emocións a flor de pel tras un intenso fin de semana de música e cultura tradicional.
O tempo obrigou a reorganizar o desfile
O principal escollo do festival foi a meteoroloxía adversa do sábado pola tarde. O forte orvallo e o mal tempo obrigaron a suspender temporalmente o agardado desfile pola avenida Marqués de Figueroa. Porén, as ganas de festa non decaeron e o acto puido celebrarse con total éxito na mañá do domingo cando houbo desfile en Marqués de Figueroa e tamén en Maniños.
Éxito nas parroquias de Fene
A xornada do sábado arrincou coa recepción oficial no Concello e coas actuacións simultáneas de sete grupos locais por diferentes puntos do municipio. Segundo explicou Icía Sanmartín, esta iniciativa foi todo un acerto:
Desde a directiva de Airiños de Fene recoñecen estar "moi cansas", pero tamén moi contentas polo comportamento dos grupos convidados, que "se envorcaron" co festival, e polas facilidades que deron as sociedades e o Concello de Fene en todo momento para que o evento fose un éxito rotundo.
Fotografía Xan Xe
Desfile do Festival Intercéltico de Fene
Publica o teu comentario agora