Balbordo pola decisión do PP de apartar ao seu candidato por Ourense

Balbordo pola decisión do PP de apartar ao seu candidato por Ourense

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoo anunciou esta tarde que decidiu apartar a Luis Carrera Pásaro da candidatura por Ourense para as próximas eleccións galegas porque «non estaba plenamente ao corrente coa Facenda pública». O BNG resalta que o candidato era unha aposta persoal de Feijoo.

Núñez Feijoo explicou durante unha conferencia de prensa convocada de forma urxente que Carrera , que ocupaba o número un da lista, comunicoulle hai menos de 24 horas este asunto que el descoñecía. Segundo Núñez Feijóo, a súa decisión «irrevogable» de apartalo demostra o seu compromiso coa «rexeneración política e institucional» que quere para o seu partido e para Galicia.

Aposta persoal de Núñez Feijoo

A candidata número 2 do BNG pola Coruña Ana Pontón declarou a Radiofusión que o propio Núñez Feijoo debe asumir responsabilidades por ese feito. “O candidato Luis Carrera era unha aposta persoal do dirixente do PP, e á espera de máis datos podemos dicir que os problemas internos dos populares, revelan que non presentan unha oferta seria nen solvente” afirmou a deputada nacionalista.

Institucional