ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Perlío baleirou o depósito fronte ao lugar onde embarrancou o petroleiro Urquiola o 12 de maio de 1976. No campo da Torre, na Primeira Futgal, Sporting Coruñés 1 - 1 Perlío. "Na primeira parte merecemos algo máis, marcou Óscar San Emeterio no 43, pero aos 5 minutos de comezar a segunda parte, nunha indecisión eles marcaron, logo os xogadores fixeron un gran esforzo porque non parou de chover, pódese dicir que o empate foi xusto" sinala o técnico do Perlío Jesús Peña.

"As goleadas que se produciron onte na Primeira Futgal son estrañas pero confirman a tese da igualdade na categoría" reflexiona Peña, referíndose ao Meicende 1 - 6 Cedeira e o Olímpico 7 - 1 Oza xuvenil.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora