As balocas máis ricas e gorentosas

As balocas máis ricas e gorentosas

09 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Xornadas Gastronómicas da Pataca comezan esta tarde en Fene. Trece establecementos de hostelería servirán de xeito gratuito tapas confeccionadas a base de patacas. Os locais están repartidos entre catro parroquias, sobre todo as máis urbanas, segundo o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, César Castro. As tapas empezarán a servirse ás 20h. Entre as 20 e as 22 horas. Seguiránrán servín

Os locais participantes nesta edición son:  Pachamama, O Encontro de Leo´s, A Ponte, Lembranza e Tarnas. Tamén se  poderán probar as tapas no Bar Beiramar, Diosiño e Liverpool. En Perlío participan no certame o café Bar Plaza Verde, Fussión Café e Tivoli Cervecería.  Igualmente servirán tapas da pataca a cervexería Friends e a Liga de Amigos de Barallobre. Entre as modalidades que presentan ao concurso topamos coa pataca rechea; pataca da avoa; sorpesa; papas enrugadas; con chourizo ou co nome do establecemento, por exemplo “pomme de terre Fussión”.

O concelleiro de Promoción Económica falounos esta mañá de que os concursos como este ou o das tapas funcionan porque achegan xente aos locais e dan vida ás parroquias. Chamaba a atención sobre o momento que vive a hostelería de Fene que, sen ser  moi boiante, estase notando movemento.

Sociedade