ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, nega que a institución ou o Partido Popular autorizasen a viaxe a Arxentina dun militante da formación e traballador provincial para exercer de axente electoral nos tres meses previos ás eleccións municipais do ano 2007. Requirido pola confesión que José Vázquez, ex empregado da Deputación que o propio Baltar Pumar tería contr
José Vázquez, ourensán emigrado a Bos Aires cos seus pais cando era un neno, sostén que tras a súa volta a España, no ano 2000, apurado pola súa precaria situación económica, pediulle un emprego ao presidente da Deputación, José Luís Baltar. O Arxentino, que así o alcuman, foi contratado entón como vixiante de obras de xeito temporal. Anos despois, en 2007, o rexedor de Melón, Alberto Pardellas (do PP e condenado a oito anos de inhabilitación por prevaricación), pediulle que volvese por un tempo a América para gañarse o voto dos emigrantes. Segundo as súas declaracións a El País, o propio Baltar intercedeu para que puidera facer esa viaxe. No tempo que estivo na Arxentina facendo campaña polo PP, permaneceu a soldo da Deputación. Achega como probas do seu relato as estampas no seu pasaporte e as nóminas da institución provincial coincidentes cos meses da súa misión no estranxeiro. José Vázquez sostén que denuncia agora os feitos porque Baltar incumpriu a súa promesa de renovarlle o contrato o tempo preciso para cotizar abondo e ingresar unha pensión. Afirma que agora vive sen ingresos e nunha casa de Cáritas. Requirido ao respecto, Baltar Pumar, manifestou nesta xornada a súa "decepción" polas acusacións dunha persoa á que axudou cando estaba nunha situación difícil. Con todo, cualificouno como "un pesado", e negou que el tivese mediado para que exercese de axente electoral para o Partido Popular. Afirmou que, de ter viaxado con permiso da Deputación, sería porque llo deu un "inmediato superior" que non o consultou a respecto.