Banca Ética ¿Utopía ou realidade?

Banca Ética ¿Utopía ou realidade?

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Asociación por un Interese Solidario “O Peto” está a levar a cabo o proxecto de expansión territorial para a creación dun Banco Ético en Galicia. Así o confirmou o voceiro desta asociación, Raúl Asegurado, ós micrófonos de Radiofusión. Dende o seo desta Asociación traballan nun proxecto denominado Fiare de banca real, é decir, regulado ben polo Banco de España ben polo Banco Europ

A denominada Banca Etica é unha iniciativa que se puxo a andar partindo do convencemento de que o actual sistema bancario e a orixe de moitas desigualdades e en grande medida o causante da actual crise. Os argumentos que os impulsores deste proxecto esgrimen radican esencialmente en que, ó seu parecer, os cartos destinanse na meirande parte das ocasións ó financiamento do tráfico de armas, pelotazos inmobiliarios, explotación irracional de recursos naturais, industrias contaminantes e outros asuntos negativos. Neste senso consideran que son os cidadáns, verdadeiros propietarios dos cartos, e non os actuais bancos, os que deben decidir o destino dos seus aforros. Se trataría entón, en palabras de Raúl Asegurado, de propoñer un sistema financieiro alternativo.

O voceiro desta Asociación considera que o principal problema do sistema actual reside na actitude da Banca que recolle capital e o inviste sen rendir contas a ningúen.O que a Banca Ética propón é un sistema transparente e que garanta o investimento do capital en lugares  considerados non perxudiciais, ou sexa, non fomento de carreira armamentística e garantia de igualdade de salarios entre homes e mulleres entre outros. A orixe deste sistema financieiro alternativo remóntase ós anos 60 en que xurden as primeiras experiencias encadradas en 2 tendencias básicas: a anglosaxona que propon unha banca privada cun uso razoable do capital, e a mediterránea, partidaria de que os propietarios decidan onde invertir o seu diñeiro.No territorio español o proxecto de Banca Ética está xa consolidado no País Vasco, Navarra, Valencia, Madrid e Andalucía.

Sociedade