A Banca Ética móvese en Galicia

A Banca Ética móvese en Galicia

18 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O sábado 19 de xaneiro, a casa común dos Tilos en Teo acollerá  a Asemblea da Asociación de promoción da Banca Ética FIARE Galiza. Neste tempo de desafiuzamentos, preferentes e crise financeira, alternativas de banca ética como Fiare van gañando espazo na sociedade, e Galicia non quedou fóra desta tendencia.

A Asociación FIARE Galiza, que xa dende 2010 promove unhas finanzas ao servizo da xustiza, celebra a súa Asemblea este vindeiro sábado día 19 dende as 10:00 ás 18:00 horas, na casa común dos Tilos no concello de Teo. Alí, as máis de 200 persoas socias a título particular así como representantes das 26 organizacións que conforman a día de hoxe FIARE Galiza, decidirán sobre o mellor xeito de artellar o proxecto de integración de FIARE coa Banca Popolare Etica (BpE) de Italia, cooperativa de crédito sen ánimo de lucro que ten unha longa traxectoria no seu país, coa conseguinte creación da primeira cooperativa de banca ética de ámbito europeo, que permitirá durante este ano 2013 ofertar unha operativa bancaria plena tamén en Galicia.

Sociedade