A banca volverá repetir os seus erros

A banca volverá repetir os seus erros

06 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A historia económica ensínanos que a banca privada volverá repetir co tempo os seus erros de sempre. O seu é a especulación e non a transformación da realidade. Ese papel debe ser dos emprendedores e da banca pública, segundo salienta o profesor da Universidade da Coruña Ramón Yañez.

Segundo afirma o economista Ramón Yañez, nun artigo publicado no último número da revista Tempos Novos, “crear un grande banco público galego utilizando como base Nova Galicia Banco, sería util, vital para financiar as empresas galegas e posible dende os puntos de vista teórico e práctico. A entidade tería que actuar de intermediaria entre os aforradores e as empresas produtivas. Para iso é fundamental empregar o diñeiro de todos os galegos. Segundo o profesor da Universidade da Coruña, o novo banco debe dotarse de persoal con sólida formación, evitar operacións especulativas e canalizar os seus recursos en créditos ás empresas.

Sociedade