Banda deseñada de memoria democrática en Vigo

Banda deseñada de memoria democrática en Vigo
11 de Abril, 2026 - 12:30 h. | Publicada por Radio Redondela

A profesora Anxos Garcia Fonte e o ilustrador Carlos Sardiña presentan a banda deseñada “A morte nas fragas”. Falará no acto tamén Henrique Sanfiz, de Emisoras Municipais Galegas, a entidade promotora da iniciativa que quere tamén converterse nunha homenaxe ás vitimas de Vigo e da comarca da ditadura franquista. Presentará o acto Celso López Pazos da Asemblea Republicana de Vigo.  Proxectaráse o documentario “Os fios da memoria” sobre a pescuda iniciada por un home emigrado en Francia arredor do seu avó, unha vítima da ditadura. 

Debuxo de Carlos Sardiña

Nos dous produtos misturase a testemuña persoal de familias que viviron en carne propia a crueldade da ditadura, cunha perspectiva actual aportando un grao de area para explicar no mundo do século XXI o significado do réxime autoritario encabezado por Francisco Franco. 

O acto celebraráse o mércores 15 de abril ás 19,30 horas no local da asociación Evame Oroza (Rúa Subida á Costa, 5. Casco Vello. 36202 VIGO).  Segundo os promotores do libro e do documentario, “no mundo o autoritarismo, está gañando a batalla da información. Indican que “debemos activar o compromiso de comportamientos e hábitos éticos dende unha perspectiva integradora de ideas e culturas. Porque a memoria da democracia é un ben común que debemos coidar e protexer. Nesa liña, a micro-historia sérvenos para comprobar o carácter xerárquico da violencia extrema empregada pola facción do exército sublevada en xullo de 1936. Unha política de memoria democrática debe preservar os dereitos humanos, e intentar evitar que se repitan eses feitos, defendendo valores básicos como a convivencia, tolerancia e o respecto á liberdade". 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora