ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A escritora Anxos Garcia Fonte e o ilustrador Carlos Sardiña asinan exemplares da súa obra “A morte nas fragas”. Compartirán a banda deseñada co público mañá venres de seis a oito da tarde na Feira de Cabanas. Tamén acudirá a ese espazo o sábado o escritor Antonio Tizón para asinar exemplares das “Coplas analfabetas”. Asinará entre as doce da mañá e as duas da tarde. Nos tres dias da feira, venres, sábado e domingo, Carlos Sardiña realizará caricaturas ás persoas que o desexen.

A feira de Cabanas ten unha longa tradición na comarca. Veciñas de Sillobre desprazábanse a pé ata o lugar para vender os seus queixos a comezos do século XX. Este ano prolongaráse nas xornadas do venres, sábado e domingo.
Imaxe de Carlos Sardiña asinando libros
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora