A banda deseñada resistiu o confinamento

A banda deseñada resistiu o confinamento
01 de Abril, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A banda deseñada resistiu ben ao confinamento, afirma o deseñador e ilustrador gráfico Antonio Seijas. As vendas de libros en xeral baixaron, pero os cómics mantivéronse.“O meu traballo é desde a casa, non variou moito a miña rutina, pero tiven unha tempada na que non me puiden concentrar aínda que  logo comprendín que había que transcender o momento”. Seijas elabora unha adaptación á novela gráfica do relato de Xabier P.Docampo “Cando petan na porta pola noite”. Ven de rematar a ilustración dun álbum para Galaxia e outro  para a Oficina de Consumo da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Seijas, na Tenencia en Caamouco

“Apenas hai banda deseñada para a rapazada, é unha cousa moi buscada polas editoriais” indica o ilustrador que participou no programa especial de Radio Fene Radiofusión emitido desde Redes contando coa colaboración da agrupación Instrutiva de Caamouco o sábado 27 de marzo de 2021.

Alita Cómics publicou A Chaira nun duplo lanzamento en galego e en castelán con preto de 90 páxinas a cor. O autor apunta que a obra é unha "pequena fábula" na que a  contorna ten máis peso que os propios protagonistas da historia. "A chaira é un estado mental, un estado do espírito, onde os silencios son tan importantes como as palabras e a paisaxe é a verdadeira alma da historia".

Cultura

Publica o teu comentario agora