Barahúnda: "Betanzos significa moito para nós"

Barahúnda: "Betanzos significa moito para nós"
04 de Febreiro, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Betanzos representa moito para nós, porque visitamos esta cidade medieval na nosa primeira viaxe a Galicia” afirman Helena e José, membros do dúo Barahunda que este venres ofrece o concerto “Fremosas” sobre cantigas de amigo e de amor. No concerto terá presencia o espiritu de Maria Balteira, a soldadeira galega do século XIII que naceu en Armeá en Coirós. Pelexou nas cruzadas e acadou sona na corte de Afonso X O Sabio. Arredor das cancións medievais galaico portuguesas, o dúo Barahunda ofrece concerto este venres en Betanzos. Organiza a asociación Roxin Roxal.  

 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Barahúnda sobre o concerto de Betanzos:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/030226ALFONSO.mp3

Fotografía Xan Xe

Helena de Alfonso e José Lara, Barahunda presentan en Betanzos o seu traballo musical “Fremosas”. Cantigas musicadas con contextualización histórica. Fermosos versos de 700 anos de antiguidade que un dia foron cancións e que son a nosa herdanza cultural. Barahunda en concerto. Este venres as oito da tarde no salón azul do edificio do Arquivo de Betanzos.

 

 

Imaxe de Barahúnda en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora