Barahunda en Redes

Barahunda en Redes
22 de Maio, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O dúo Barahúnda, formado por Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro, presentará en concerto a súa obra Fremosas, Cantigas de Amigo e de Amor. Este proxecto é un traballo de investigación e divulgación centrado nas cantigas medievais galego-portuguesas, que foron musicadas polo dúo e editadas por Toxosoutos. A obra xa acadou a súa terceira edición. O concerto, este sábado, as sete da tarde na Agrupación Instrutiva de Caamouco en Ares.

 

ESCOITA O PODCAST:

Preme aquí e escoita a conversa con Helena de Alfonso e José Lara:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/210526ALFONSO.mp3

Fotografía Xan Xe

O evento desenvolverase como un concerto comentado, ofrecendo ao público unha experiencia enriquecedora sobre estas pezas históricas. A presentación contará coa participación da directora da Tenencia Teatro Eugenia Sanmartín. 

 

Na imaxe o dúo Barahunda con Eugenia Sanmartín, Ana Santiago e Henrique Sanfiz en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora