Barallobre e Maniños B, sen consolación

Barallobre e Maniños B, sen consolación
22 de Maio, 2023 - 01:59 h. | Publicada por Radio Fene

“Felicito ao grupo que neste mes e medio participou con máximo interese. Perder nos penaltis demostra que competiches e que estiveches con vida ata o último momento” afirma o adestrador do Maniños B Michel Rodriguez. “O público veu a ilusión dos rapaces e volvemos coa cabeza alta” conclúe o técnico. Eume B 1 - Maniños B 1. Tras a prórroga o Maniños B quedou eliminado nos penaltis. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

Tamén o Barallobre quedou fora da Copa Consolación da Segunda Galicia de fútbol. “Neste final de tempada custounos moito reunir efectivos para adestrar e competir. O sistema tampouco nos deu aliciente para xogar e manter as ganas. Os dous últimos partidos parece que empañan o que fixemos ao longo de todo o ano” salienta o adestrador Miguel Carballeira. Rápido de Neda 8 - Barallobre 1. 

Deportes

Publica o teu comentario agora