ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cunha ofrenda floral comezarán o vindeiro 4 de xullo os actos de conmemoración do 75 aniversario do Monumento ao Camiñante Descoñecido. A Liga de Amigos de Barallobre ten xa listo o programa da xornada na que se incluirá este ano a Xuntanza dos Barallobre, entroutras actividades.
A romería do Camiñante volve as súas orixes e, no canto de celebrarse únicamente pola tarde como se viña facendo nos últimos anos, desta vez durará todo o día. Esta é unha das grandes novidades dunha festa á que este ano, dende a Liga de Amigos de Barallobre, queren imprimir un aire especial xa que se cumpren 75 anos dende a inauguración do Monumento ao Camiñante Descoñecido.
A romería será o vindeiro 4 de xullo e comezará pola mañá co tradicional pasarrúas dende a Liga de Amigos de Barallobre ate o Monumento ao Camiñante Descoñecido onde está previsto que se faga una ofrenda floral. De volta á Sociedade, celebrarase un festival folclórico e, ao remate, un xantar popular nunha carpa instalada a carón da entidade, que ademais servirá este ano para o reencontro dos Barallobre. En calquera caso a participación na comida é libre e aberta a tódalas persoas interesadas (previa inscripción na propia sociedade).
Para completar a xornada, a Liga de Amigos organizou para ese día pola tarde unha sesión de xogos populares e unha churrascada e, xa pola noite, un novo festival que abrirán, ao redor das dez, as cantareiras da Sociedade e no que actuarán tamén o grupo local “Estimaba que viñeras” e a gaiteira galega Cristina Pato.
A Liga de Amigos de Barallobre organiza os actos do 75 aniversario do Monumento ao Camiñante Descoñecido, en colaboración coa Concellería de Cultura de Fene e o Xacobeo.