ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha exposición sobre o Pazo de Barallobre comezará a prepararse o vindeiro luns dia 28. Ese dia celebraráse unha reunión aberta na Liga de Amigos de Barallobre á que están convocados os cidadáns que teñan algún obxecto, fotografía ou recordo sobre o Pazo e que o poidan prestar para a mostra. A xuntanza comezará o luns ás oito da tarde.
O Pazo de Barallobre construiuse en 1591 por Fernando de Lago e Obaña. A familia Lago, Moscoso e Jaspe viviu durante catro séculos na histórica edificación. Un dos seus membros foi o pintor Antonio Jaspe Moscoso, quen tamén exerceu como correspondente do xornal "La Ilustración Gallega y Asturiana" na visita a Galicia do rei Alfonso XII. O pazo derrubouse antes das primeiras eleccións municipais democráticas de 1979, ainda que permanece na lembranza de boa parte da cidadanía de Barallobre en particular, e de Fene en xeral. Somentes sobreviviu o piñeiro e máis o escudo señorial colocado nas inmediacións do Centro Integrado de Formación Profisional. Agora impulsan a exposición a Liga de Amigos de Barallobre, Radio Fene e o Concello de Fene.