Barrio moi cómodo

Barrio moi cómodo
12 de Abril, 2025 - 07:54 h. | Publicada por Radio Fene

“Hai moita vida de barrio, vívese moi ben”. Fala de San Valentín a nova presidente do CPS. Esther Rey tomo o relevo de Juan Miraz, ao que agradeceu en Radio Fene “toda a súa dedicación durante tantos anos”.

ESCOITA O PODCAST:

Unha viaxe á Foliada de Melide o día 26 de abril. Unha xornada de Cantos de Taberna na Semana das Letras Galegas e unha excursión a Portugal para finais de maio-xuño son algunhas das actividades programadas pola nova directiva do CPS San Valentín. Esther Rey vive en San Valentín desde 2020, levaba un ano na directiva que agora preside, xunto cun “equipo marabilloso, a maioría temos amizade fóra do CPS e temos moitos proxectos”, declara a nova presidenta. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora