ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En novembro de 1943 morreu en Tampa en Estados Unidos o crego agrarista Basilio Alvarez. Mantivo amistade e relación co pintor Felipe Bello Piñeiro. O artista viviu en Madrid entre 1900 e 1918 e alí coincidiron na casa de Galicia. Sacerdote, político, avogado, xornalista, Álvarez e unha das figuras máis destacadas do movemento agrario galego. O historiador Miguel Cabo ven de presentar a primeira biografía do “cura de Beiro”.
A de Basilio, foi unha vida desmedida. Era un sacerdote que tivo, polo menos, dúas familias con fillos. Acumulou denuncias por agresións e escándalos sexuais. Era un orador incendiario que chegou a xustificar o asasinato e que se moveu, en ocasións, nos bordos do hampa. Exiliouse en Arxentina despois do golpe de estado de 1936. O investigador do Seixo Jorge Gómez falounos da relación de Basilio Alvarez con Felipe Bello Piñeiro.
Imaxe do Arquivo Jorge Gómez:
Basilio Alvarez con Manuel Murguía, Victor Said Armesto e Prudencio Canitrot. Antes do 1913.
Publica o teu comentario agora