Bastáronlle con dous estalos

Bastáronlle con dous estalos
19 de Febreiro, 2024 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

Ao Maniños bastáronlle con dous estalos para esnaquizar o dominio territorial do Perlío no campo dos Pinares. Perlio 0 - 2 Maniños. Primeira Galicia de fútbol

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:

http://173.255.131.18/audio/190224MARTINEZ.mp3

O segundo adestrador do Perlío Rubén Varela fálanos do partido:

http://173.255.131.18/audio/190224VARELA.mp3

Fotografia Xan Xe

“Nos primeiros quince minutos controlou o partido o Maniños, pero logo xa nos fixemos co balón, pero eles tiñan as cousas moi claras e chegaron á portería catro veces e marcaron dous goles” indica o segundo adestrador do Perlío Rubén Varela.
“O primeiro gol foi un paso importante para a vitoria, e o segundo xa nos deu tranquilidade” manifesta o míster do Maniños Adrián Martinez. “Xa esperábamos un Perlío moi ben traballado” afirma o técnico.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora