ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rebelámonos contra o horror que non cesa. A violencia contra as mulleres deixou unha nova vítima. Unha muller de 36 anos, á que matou a súa parella. Accións de condena e pesar pola morte de Estela, unha veciña de Baiona, en Fene e na comarca.
En Fene, a Concellaría de Benestar Social e Igualdade convocou unha concentración silenciosa, ás doce do mediodía diante da Casa do Concello, que encabezou o alcalde, Juventino Trigo, e na que participaron cargos públicos, traballadores municipais e cidadáns. Sandra Permui, concelleira de Benestar e Igualdade. Tamén a Marcha Mundial das Mulleres convocou concentracións hoxe en distintos lugares de Galicia. A de Ferrol será ás oito na praza de Armas. Estela, que tiña 36 anos, é a cuarta vítima mortal da violencia machista en Galicia no que levamos de ano. En España xa foron asasinadas neste tempo corenta mulleres.
Publica o teu comentario agora