Batido de froitas, sen alcohol

Batido de froitas, sen alcohol

26 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Retrasar o comezo do consumo de alcohol, coñecer combinados naturais e aprender a elaboralos, é o obxectivo dos Obradoiros de bebidas saudables que se imparten nos colexios de Fene, promovidos dende a Concellería de Benestar. Empezan mañán dia 27 no IES de Fene para alumnado de 1º e 3º da ESO.

150 alumnos e profesores van participar en novos obradoiros de bebidas saudables destinados ao ciclo de 1º e 3º da ESO, para fomentar a saúde e bos hábitos na escola, dende a área de Dinamización Social, Benestar e igualdade de Fene dentro do Plan de Prevención de Drogodependencias.
Retrasar o inicio do consumo de alcohol, ofrecer información sobre o alcohol e coñecer ooutras bebidas sen alcohol son os obxectivos destes obradoiros. A sua coordenación realizase dende os SS SS do concello, pola técnica en prevención de drogodependencias, Mª Xosé Paz. 

Cada obradoiro está guiado por,  Samuel Pérez Pintos, mestre de hostalería no IES Fraga do Eume que enmarca o obradoiro diferenciando as bebidas non  alcohólicas, compoñentes e clasificación. Logo pasa a facer unha demostración e posteriormente o alumnado escolle un combinado ( batido e coctel) para realizalo e degustalo.Samuel Pérez.
As datas de realización dos obradoiros son:27 de maio IES FENE 28 de maio  C.P.I A XUNQUEIRA4 de xuño  C. JORGE JUAN

Sociedade