ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A comisión de festas de Perlío volverá o domingo 27 ao feirón para vender o merchandising deste ano e máis recoller as doazóns das persoas que non estaban no domicilio cando pasaron solicitar colaboración. O venres 8 de agosto os festexos comezarán coa Primeira Rutacada a cargo da Batucada Badabum Sorpresa que percorrerá as rúas e os establecementos de hostalería da parróquia. O grupo Pekados actuará á noite e poñerá o ramo a Discomóbil Chocolate co DJ Manutxo.

O dúo Boreal e o grupo Bomba tocarán na verbena do sábado 9 e o domingo 10 haberá pezas do xantar ata que o corpo aguante co dúo La Mecánica e a Discomóbil Supreme XS. Nesa xornada haberá a festa da rapazada con descontos nas atraccións festivas.
David Feal preside a comisión de festas de Perlío 2025, contando con Alba Hermida como secretaria e David Docal como tesoureiro. Tamén forman parte da comisión Julia Ameneiro, Ana Miraz, Celia de Campos e Irene Martínez.
Imaxe: Comisión de festas no feirón de Perlío
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora