Baute, Bisbal e Bustamante actuan en Ordes o xoves 30

Baute, Bisbal e Bustamante actuan en Ordes o xoves 30

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza a II Gala contra o Cancro que pretende recadar apoios contra esta doenza mediante un evento músical que congregará na vila ordense a músicos de primeira fila como Carlos Baute, David Bisbal, Marta Sánchez, OBK ou David Bustamante. A Orquestra Panorama exercerá de anfitriona sobre o escenario. 

O concerto, completamente gratis, celebrarase a partir das once da noite do xoves dia 30 do presente mes de abril, na explanada da piscina cunha sucesión de actuacións de primeiro nivel durante unha noite única na que, ademais de Bisbal, Baute, Marta Sánchez ou Bustamente, tamén estarán cantando en directo acompañados por Panorama, outros grupos como OBK, Kiko e Sara, Mario Mendes, Melocos, Astarot ou BnK, grupo que ofrece tan só dous concertos en España (Alacant e Ordes).

Todos eles unirán esforzos para recaudar fondos para a loita contra o cancro grazas á venda do DVD que se comercializará durante toda a xira da orquesta Panorama e que poderá ser adquirido en diferentes puntos de venda a dez euros. Ademais, tamén se poñerán á venda camisetas a cinco euros.

Sociedade