Bautismo de surf

Bautismo de surf
08 de Xuño, 2022 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe, Día Mundial dos Océanos, a praia da Frouxeira acolleu, co Atlántico como telón de fondo, os bautismos de surf dos 36 alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria do CPI Atios. A actividade celebrouse baixo o título «A túa primeira onda», e inclúese no proxecto «Ares e Valdoviño no Mar», que impulsan os 2 concellos co apoio económico dos GALP.

Bautismo de surf en Valdoviño

Estas sesións de iniciación ao surf contaron tamén coa colaboración da Asociación de Escolas de Surf de Valdoviño, e permitiron aos nenos e nenas poñer en práctica as aprendizaxes adquiridas a semana pasada no propio centro -técnicas de equilibrio e posta en pé na táboa-, tamén cos instructores do programa como guías. O calendario continuará este venres, con novas sesións teórico-prácticas no CPI para o alumnado de 2º da ESO. O proxecto «Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Valdoviño. Ares e Valdoviño no Mar» busca realizar accións de sensibilización, visibilizar a actividade mariñeira ou a transmisión de valores como a sustentabilidade tanto no desenvolvemento da práctica  deportiva como nos sistemas de extracción artesanal.

Deportes

Publica o teu comentario agora