Bebés e mascotas

Bebés e mascotas
21 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A chegada ao mundo dun bebé revoluciona todo na vida das persoas. Se hai mascotas na casa tamén se deben facer preparativos. A convivencia con animais é moi positiva para os nenos e as nenas, destaca a veterinaria etóloga Noemí Graña en resposta a unha pregunta da audiencia en Radio Fene, pero é precisto tomar algunhas precaucións.

ESCOITA O PODCAST:

“Criarse cun compañeiro de vida que non os xulga é fantástico para as criaturas”, apuntou a veterinaria Noemí Graña. Pero antes do nacemento do bebé é importante acudir ao etólogo para ver como é o can cos nenos e acostumalo a novidades como poden ser os sons que fai un bebé. Todo iso traballase. Os problemas soen ser maiores cando o neno empeza a gatear. A veterinaria é rotunda: Nunca deben quedar so un neno e un can ou un gato. “A supervisión ten que existir sempre, xamais se pode deixar un can e un neno sós porque os nenos non entenden os seus sinais, é perigoso, hai que ter sempre moito coidado 

Sociedade

Publica o teu comentario agora