Bebín da miña experiencia

Bebín da miña experiencia
06 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha moza desaparece e a xornalista Antía ten que cubrir a nova. O sensacionalismo no tratamento das noticias, a integración dos inmigrantes ou o uso das redes sociais para atopar sexo son temáticas que aborda o libro de Sara Vila, Oito días sen Eva Cortes.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Trátase da primeira novela da xornalista Sara Vila. “Antía non son eu pero si que é certo que hai moitas experiencias miñas que me serviron para crear ese ambiente dentro dunha redacción. A documentación non foi o traballo fundamental desta novela. Bebín da miña experiencia como xornalista en medios locais”, comenta a autora deste libro protagonizado pola desaparición dunha muller. “Lamentablemente, este tipo de casos están moi presentes”, destaca Sara Vila á que poderemos escoitar este xoves a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora