Beber viño

Beber viño
10 de Febreiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A Gustavo Gallego tócalle de novo enfrontarse á realidade. Cústalle cociñar pero o que peor leva é non poder beber viño. Pero iso vai cambiar.

ESCOITA O PODCAST:

Logo de recibir a alta hospitalaria, Gallego vive sempre acompañado do policía Sánchez Pereiro. O comisario queda abraiado pola tenrura coa que Gustavo trata á súa filla mais aínda lle queda moito por aprender nas labores do fogar. Nos cinco capítulos de Lobos Doentes que Radiofusión emite este venres veremos como ambos amigos, e tamén agora compañeiros de piso, tentan saltar a norma de non beber viño marcada polo psiquiatra Viqueira. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, presentación de Lobos Doentes no Vide, Vide.

Sociedade

Publica o teu comentario agora