ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Amar o mar” é o primeiro traballo discográfico en solitario de Belém Tajes. Un elemento presente sempre na vida desta artista con influencias dun e doutro lado do atlántico. Bos Aires e Camariñas teñen deixado unha impronta salgada na vida de Belem.

Camariñas e nomeadamente a aldea de Arou, teñen especial importancia na súa “mochila” musical xa que empezou tocando e cantando en agrupacións tradicionais pero, sobre todo, aprendendo das cantigas das súas avoas, naturais desa aldea camariñán de Arou.
Belém é cantante, compositora e especialista en musicoterapia, ten estudios clásicos de violoncello no Conservatorio da Coruña e tamén de gaita no Conservatorio de Carballo. Pero, sobre todo, ten unha das voces máis interesantes do panorama musical galego, doce e poderosa ao tempo e coa que é quen de reflictir a súas influencias dun lado e doutro do atlántico e mesturalas coa presenza dun mar moi presente.
A súa voz está presente en proxectos grupais ben coñecidos e exitosos, como Luar na Lubre, Aliboria ou Moura, aínda que a súa faceta de cantante en solitario sempre estivo presente. Belem Tajes está agora presentando o que é o seu primeiro longa duración en solitario, un disco que vai máis alá para converterse nun proxecto musical.
Nós tamén imos amar o mar.
Imaxe: Belem Tajes
Publica o teu comentario agora