Ben de visitantes e vendas

Ben de visitantes e vendas
04 de Setembro, 2022 - 01:50 h. | Publicada por Radio Fene

"Tanto venres como sábado estiveron moi ben tanto de visitantes como de vendas" afirmou Marta Peña, da tenda de deportes Mas Sport, un dos establecementos participantes no Outlet de Fene. A mañá do domingo foi máis frouxa porque ás 12 empezaron as precipitacións e o vento.

Fotografía: Xan Xe Corral

26 negocios ofreceron saldos e promocións en artigos de fin de tempada en jaimas situadas diante dos establecementos. Predominaron os comercios, de roupa, calzado ou alimentación, pero tamén se sumaron establecementos hostaleiros e ata un negocio de ioga. Organizou o Concello de Fene coa colaboración da Asociación de comerciantes O Cruceiro. 
 

Institucional

Publica o teu comentario agora