ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Anotou os tres puntos o Perlío B nun partido contra un rival difícil. Perlío B 1 - 0 Cebarca. “Penso que os rapaces responderon moi ben”. O adestrador Rafa Afonso amosaba a súa ledicia en Radio Fene.

“Sumamos tres puntos moi importantes, quizais no encontro que menos contábamos con iso”, declarou o técnico. Satisfeito polo desempeño do equipo Rafa Afonso. “En fronte tiñamos un rival moi forte, é certo que tiña algunha baixa pero é unha das mellores plantillas da categoría”.
Borja marcou para o Perlío B ao sacar unha falta directa cometida polo porteiro que foi expulsado por esa acción. “Fixemos unha moi boa primeira parte, chegamos con vantaxe ao descanso, na segunda tivemos unha ocasión moi boa nunha saída dun córner, aínda que eles rondaban máis a nosa área”, resume o adestrador.
Publica o teu comentario agora