Benestar Social e Mocidade serán obxecto dunha nova mesa sectorial o xoves

Benestar Social e Mocidade serán obxecto dunha nova mesa sectorial o xoves

29 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz continúa co programa de actos ALLARIZ 2020, unha proposta visual e de reflexión sobre a transformación de Allariz durante os últimos 20 anos. O programa comezaba coa apertura da exposición Allariz 2020 que mostraba, a través de fotografías antigas e actuais, o cambio que experimentou Allariz nestes últimos 20 anos. Pero ademais da mostr

Neste senso o grupo de goberno estase a reunir, dende este mes ata decembro, cos veciños e veciñas de Allariz para celebrar varias mesas sectoriais de traballo nas que se analice e reflexione sobre os proxectos que se realizarán no futuro, no horizonte do ano 2020.

Benestar Social e Mocidade serán o obxecto das seguintes mesas sectoriais. O xoves día 1, ás 20:00h no Salón de Sesións do Concello, celebrarase a primeira delas na que os asistentes poderán trasladar as súas inquedanzas e suxerencias no referente ós servizos sociais en Allariz.

O sábado é a quenda dos mozos e mozas. A partir das 12:00h a Casa da Mocidade acollerá unha reunión para tratar tódolos temas referentes á mocidade.

Institucional