Benvida a 2026

Feliz Ano!
28 de Decembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Darlle a benvida a 2026 na rúa, con xente amiga e sen ter que sen coller o coche nin pagar entrada. Moita xente sumarase á celebración do Aninovo que organiza o Concello de Fene. Os detalles na conversa que mantivemos coa concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.



 

ESCOITA O PODCAST:

“Ese día o que máis e o que menos ten ganas de troula”. Desde o Concello queren que o poidamos facer sen ter que desprazarse, “a pé da casa”, sinala a concelleira. Todo está previsto, instalouse unha gran carpa sobre a praza do Concello para protexer da chuvia, xa colocaron o escenario e acenderanse estufas para quentar o ambiente antes de que comece o baile e o calor humano faga innecesaria a calefacción. A festa empezará á unha da madrugada e rematará ás seis da mañá. Da animación musical ocuparanse a cargo da orquestra Origen e un DJ. Haberá barra e servizo de gardarroupa e os que aguanten ata o final poderán tomar churros.

Institucional

Publica o teu comentario agora