Benvida ao ano novo

Benvida ao ano novo
30 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene ultima os preparativos da Festa de Benvida ao novo ano, unha celebración xa consolidada que atrae cada vez máis xente disposta a disfrutar do ambiente e compartir a entrada no 2026. A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, agarda que se xunte moita xente baixo a carpa instalada na praza Ramón Souto para darlle a benvida ao Aninovo.

Fotografía Xan Xe

A orquestra Orixe e un DJ arrufarán musicalmente a velada entre a unha e as seis da madrugada. Haberá barra, servizo de gardarroupa e ao remate repartirase chocolate con churros. Acenderanse estufas para quentar o ambiente. 

 

Na imaxe, carreira San Silvestre, o pasado sábado en Fene.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora