Benvida ao verán

Benvida ao verán
04 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene está a piques de abrir a tempada de verán que festexará con churrascada e música este sábado seis de xuño. O prazo de inscrición remata este xoves. Diso e de outras actividades imos falar ao comezo do programa con Paula Romero, a presidenta da entidade. 

ESCOITA O PODCAST:

Con churrasco e actuación do DJ Ponte celebran no CMI Unidade de Fene o comezo da tempada de verán. Animan a participar na festa á todas as familias, socias ou non, a partir das oito e media da tarde deste sábado. A entidade, que ten en marcha unha campaña de captación de socios, anuncia tamén o seu Campamento de Verán para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Con esta iniciativa, que ofrecen do 22 de xuño ao 4 de setembro, favorecen a conciliación familiar durante as vacacións escolares. Xa está aberto o prazo de inscrición. Paula Romero anunciou tamén que dentro dunhas semanas poñerán en marcha unha nova edición do Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora